RB Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

RB Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

671

A Reserva de Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” alberga o territorio de 17 concellos: Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza-Cesuras, Paderne, Sada e Sobrado.

Localizase no ámbito do litoral cántabro-atlántico de Galicia, no Noroeste da Península Ibérica.
Compónse principalmente de dous grandes concas, as dos ríos Mero e Mandeo. A paisaxe rural supón o 38% da súa superficie, destacando un área relativamente amplia de bosques naturais (3.400 ha), os cales atópanse ligados a corredores fluviais e que albergan boa parte da biodiversidade relevante da Reserva.

Por outra parte, sitúase a zona litoral, onde atopamos esteiros, marismas, cantís, pendentes rochosas, praias e dunas, conformando máis de 109 Km de liña de costa.
Incríbles paraxes naturais protexidas, bosques e montes, lagos e encoros ou tranquilas rías. Dentro da Reserva existen Espazos Naturais Protexidos (ZEC), incluídos na Rede Natura 2000, ademais de outras pequenas áreas naturais.
Multitude de actividades por descubrir… Desfrutar dunha ruta de sendeirismo camiñando polo Mandeo, recorrer unha etapa do Camiño Inglés a Compostela, practicar vela ou visitar fábricas de elaboración de queixo e mel, son unha mínima mostra das actividades de ocio que poderás realizar.

Das nosas rías podemos desfrutar dos mexillóns, algas, almexas e demais produtos mariñeiros; da terra, ricos queixos, marmeladas, mel e variedades locais de horta como o Repolo de Betanzos, a Cebola chata de Miño ou o Tomate Negro de Santiago.
Aromáticos augardentes, sen esquecer o “Viño da Terra de Betanzos” coa súa variedade insignia, o Branco Lexítimo para acompañar co afamado pan e empanada de Carral.

En “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo” pódense visitar construccións romanas, pazos, mosteiros, castros, igrexas, castelos, sobresaíndo o Conxunto Histórico Artístico do Casco Antigo de Betanzos, o Pazo de Mariñán, a Rectoral de Cines, a Igrexa Románica de Cambre, ou o impresionante Mosteiro de Sobrado dos Monxes, ademais de fortificacións como o Castelo de Santa Cruz ou a Torre de Celas… todos eles relatanos historias de outros tempos.

Участник с ноября 2014