-
-
738 m
607 m
0
14
27
54,86 km

Просмотрено 1507 раз(а), скачено 5 раз(а)

рядом с La Graña, Galicia (España)

CIRCULAR LIMIA NORTE

Ruta de coñecemento da parte norte da conca aluvial do Río Limia, en Ourense. Xeolóxicamente, a conca do Limia canaliza ata o Atlántico as escorrentías do oeste do Macizo Central, recheando de area unha longa cubeta glaciar e xerando a amplia e fertil chaira que antano drenaba a lagoa de Antela.

Esta gran chaira ten forma de corazón, con dúas aurículas e dous ventrículos, separados polo outeiro que ocupa a torre de Pena. A ruta descrita calificámola de "Limia Norte" porque abarca o que sería a aurícula esquerda, un cuarto da circunferencia total, con 54 quilómetros que circunvalan o espacio norte entre Casnaloba, Vilar de Barrio, Trandeiras -co seu magnífico mosteiro- Xinzo, Sandias, Piñeira e retorno a Casnaloba.

Bosques autóctonos e praderíos con explotacións agrícolas conforman un paseo delicioso para o cicloturista, con grandes oportunidades de derivacions para circuitos de terra.

A ruta está planificada para o seu rápido acceso dende a saída de Sandías da autovia, a escasos 20 minutos da capital ourensá.

Desfrutadea.

Комментарии

    You can or this trail