Время  5 часов 34 минут

Координаты 1773

Uploaded 29 мая 2018 г.

Recorded мая 2018

-
-
717 m
460 m
0
4,3
8,5
17,07 km

Просмотрено 249 раз(а), скачено 9 раз(а)

рядом с Junquera de Ambía, Galicia (España)

Di a tradición que no século IV nun xuncal de Ambía apareceu a Virxe erguéndose neste sitio unha capela e posteriormente o antigo mosteiro de Santa María a Real, que foi fundado no ano 995. No século XII foi construída a igrexa actual que adquiriu o rango de Colexiata en 1164, sendo Monumento Nacional desde 1931.

O roteiro comeza no mesmo centro de Xunqueira de Ambía e percorre por corredoiras e camiños varias aldeas deste concello e tamén algunhas dos lindantes Baños de Molgas e Allariz, pasando polas fermosas beiras do río Arnoia e por treitos da Vía da Prata.

O sendeiro métese por detrás da praza a procura do Camiño Xacobeo para logo abandonalo proseguindo por un sendeiro de pescadores nas marxes dun Arnoia encaixado, río que ten o seu nacedoiro na Serra de San Mamede e entrega as súas augas ao Miño despois de 84,5 Km.

Deixamos por un intre o Arnoia para volver de novo a él na aldea de A Acea, xa de Baños de Molgas, e de aquí por unha congostra entre valados imos a Fondo de Vila, Vilameá e Suatorre, onde ollaremos un sartego que fai de recolleaugas nunha fonte.

Empezamos unha lixeira subida que nos permite gañar altura para ter boas vistas panorámicas e estamos outra vez en terras de Xunqueira, cuxo casco urbano albiscamos aló embaixo, para conectar noutro treito do Camiño, de impresionante beleza.

Atrás queda Cerdeira e unha corredoira entre carballos e penedos lévanos a Paciños, no concello de Allariz, e novos avesíos camiños guiaránnos ao lugar de comezo a carón da Colexiata e a Casa do Concello de Xunqueira de Ambía.

View more external

фото

A Acea

Aldea as beiras do río Arnoia, no concello de Baños de Molgas.
фото

A Farria

Aldea no concello de Xunqueira de Ambía.
фото

Camiño

Corredoira que liga A Acea con Fondodevila, en Baños de Molgas.
фото

Camiño Santiago

Vía da Prata ao seu paso preto do casco de Xunqueira de Ambía.
фото

Camiño Xacobeo

Treito da Vía da Prata en Xunqueira de Ambía.
дерево

Carballeira

Bosque de carballos.
фото

Carreiro

Camiño preto do centro de Xunqueira de Ambía.
фото

Cerdeira

Aldea no concello de Xunqueira de Ambía.
фото

Cima de Vila

Aldea do concello de Xunqueira de Ambía.
Waypoint

Comezo Xunqueira

Punto de inicio no mesmo centro de Xunqueira de Ambía.
фото

Corredoira

Congostra entre Fondedevila e Vilameá.
Храмовая архитектура

Cruceiro

Cruceiro en Cima de Vila.
фото

Fondo de Vila

Aldea no concello de Xunqueira de Ambía.
фото

Fondodevila

Aldea no concello de Baños de Molgas.
фонтан

Fonte Cima de Vila

Fonte de auga potable en Cima de Vila, na Vía da Prata.
фонтан

Fonte Paciños

Fonte de auga potable na aldea de Paciños, Allariz.
фото

Muiño 1

Muíño hidráulico no río Arnoia.
фото

Muiño 2

Muíño hidráulico no río Arnoia.
фото

Muiño 3

Muíño hidráulico nun pequeno regato en Fondodevila.
фото

Paciños

Aldea do concello de Allariz.
фото

Penedos

Bolos graníticos.
дерево

Piñeiral

Bosque de piñeiros.
Река

Rio Arnoia

O río máis longo da provincia de Ourense. Nace na Serra de San Mamede e desemboca no Miño logo de 84.5 Km.
фото

Sartego

Sarcófago na aldea de Suatorre, Baños de Molgas.
фото

Sendeiro pescadores

Carreiro polas beiras do río Arnoia.
дерево

Souto

Bosque de castiñeiros en Xunqueira de Ambía.
фото

Suatorre

Aldea no concello de Baños de Molgas.
фото

Vilamea

Vilameá é una aldea do concello de Baños de Molgas.
панорама

Vistas

Vistas panorámicas sobre Xunqueira de Ambía.
дом

Xunqueira Ambia

Concello da provincia de Ourense, na comarca de Allariz.

1 comment

  • Фото cumbre

    cumbre 09.06.2019

    La he realizado en junio del 2019 y está en perfectas condiciones para caminar, a pesar de algún tramo que ya empieza a cubrirse de vegetación.
    Me ha parecido una ruta estupenda y sencilla de hacer.

You can or this trail