Время  7 часов 18 минут

Координаты 2413

Uploaded 19 апреля 2013 г.

Recorded апреля 2013

-
-
1 341 m
915 m
0
5,0
10
20,1 km

Просмотрено 3050 раз(а), скачено 31 раз(а)

рядом с Montederramo, Galicia (España)

No Macizo Central Ourensano érguense a Serra de San Mamede e a Serra do Burgo polas que irá transcorrir o noso percorrido, pasando polo bidueiral de Gabín.
A travesía comezámola na área de lecer A Palloza, en Montederramo, cadrando no primeiro treito cos roteiros do Bidueiral e o do Santo. Por fermosas corredoiras acadamos as aldeas de Vilanova e máis Fondedoso e a partir do rego de Groil atallamos, evitando a pista forestal, cara ao abraiante bidueiral de Monterramo, na parroquia de Gabín; bosque de máis de 250 ha. declarado Lugar de Interese Comunitario.
Comeza agora a parte de baixada, por veces coincidente co abandonado GR-56, para enfilar cara a aldea en ruínas de O Teixedo, pertencente xa ao concello de Chandrexa de Queixa e chantada nunha contorna de vellas carballeiras.
Por unha congostra paralela ao rego de Valdemiotos poñémonos na Ferrería, con casas en pedra, un senlleiro teixo e a na ribeira do río Queixa. A partir de aquí o camino é doado e chairo ata rematar na ponte de Santa Cruz, nunha das colas do encoro de Chandrexa.

View more external

Aldea do concello de Chandrexa, nas beiras do río Queixa.
Alamada que sobe pola serra de San Mamede, pola que atallamos.
Área recreativa con mesas, case no remate do roteiro en Santa Cruz.
Área recreativa en Montederramo, no comezo do percorrido.
Bebedoiro para o gando no bidueiral de Gabín.
Sobranceiro bidueiral na parroquia de Gabín, en Montederramo. Declarado Lugar de Importancia Comunitaria.
Camiño que une a área de lecer A Palloza coa aldea de Vilanova, en Montederramo.
Zona de praderío entre O Teixedo e A Ferrería, en Chandrexa de Queixa.
Bosques de carballo na contorna de O Teixedo, en Chandrexa de Queixa.
Rego afluente do río Queixa.
Aldea pertencente ao concello de Montederramo.
Sendeiro de longo percorrido, Transourensán. En estado de abandono.
Aldea abandonada no concello de Chandrexa de Queixa.
Paso co chan enreixado para o control do gando.
Paso co chan enreixado para o control do gando.
Bosque de piñeiros na serra de San Mamede.
Ponte na cola do encoro de Chandrexa, na aldea de Santa Cruz.
Regueiro no bidueiral de Gabín.
Rego no bidueiral de Gabín.
Rego que pasa preto de Fontedoso, en Montederramo.
Río que desemboca no encoro de Chandrexa de Queixa.
Cancela para o control do gando.
Cancela para o control do gando.
Aldea do concello de Montederramo.

2 комментарийиев

  • rodicio.67 05.04.2016

    Ainda se atopa xente nese lular(A Ferrería) https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/travesia-montederramo-chandrexa-de-queixa-4323950#wp-4323951/photo-2135124

  • Фото jesussimon

    jesussimon 05.04.2016

    Ola, "rodicio.67".
    Cando fixen o roteiro, no ano 2013, aquí non vivía ninguén.
    Saúdos. https://es.wikiloc.com/rutas-outdoor/travesia-montederramo-chandrexa-de-queixa-4323950#wp-4323951/photo-2135124

You can or this trail