Время  2 часов 14 минут

Координаты 816

Загружено 30 августа 2020 г.

Записано августа 2020

-
-
836 м
740 м
0
2,0
4,0
8,02 км

Просмотрено 163 раз, скачано 7 раз

рядом с Petán, Galicia (España)

Este sendeiro que comeza no Alto de Fontefría -na estrada N-120 que liga Vigo con A Cañiza- contaba cunha precaria sinalización que co tempo desapareceu. Ao comezo hai un cartel no que lemos:

“A Ruta de Fontefría constitúe un sendeiro circular que transcorre entre as parroquias de Achas de Petán, no concello de A Cañiza e a de Santiago de Covelo, no concello do mesmo nome.

O punto de partida da ruta se sitúa no Alto de Fontefría a 790 metros de altitude, do que se parte en dirección norte ata chegar a unha zona na que se atopan varias mámoas. Continúase polo sendeiro ata chegar ao tramo do concello de Covelo e logo dirección ao paso do regato Portapiñeiros e as turbeiras da Porta do Boi. Dende alí entre bosques de piñeiros, vóltase ao inicio da ruta no Alto de Fontefría.

A nivel medioambiental e paisaxístico, predominan ao longo do percorrido as zonas arboradas de piñeiro, así como zonas de monte baixo e matos. No referente a recursos hídricos, destacan o paso do regato de Portapiñeiros e a existencia de varias brañas e turbeiras.

Diversos restos megalíticos evidencian a ocupación desta serra tres mil anos antes da nosa era. Preto do camiño atópanse varias mámoas e unha necrópole que formaron unha ruta de tránsito natural.”

Este sendeiro na zona onde pasa o rego Portapiñeiros cadra co Sendeiro da Pedra do Lobo e aquí atopánse tamén as brañas da Porta do Boi. Un cartel di:

“A braña da Porta do Boi ocupa na actualidade unha extensión dunhas 2,3 ha. Este importante humidal é chave na regulación dos procesos de erosión e do ciclo da auga tendo incidencia sobre as zonas máis baixas, onde reside a poboación humana. Nesta función cumpren un especial papel como reservorios de auga.”

Посмотреть еще external

Фото

Brañas Porta do Boi

Zona de humidal.
Фото

Campo aeromodelismo

Campo de voo de aeromodelismo.
Археологические раскопки

Campo mamoas

Zona con varias mámoas.
Фото

Chaira

Zona de planalto.
Маршрутная точка

Comezo Fontefria

Punto de comezo da ruta no Alto de Fontefría, na estrada N-120 que liga Vigo con A Cañiza.
Фото

Coto Cabrito

Coto na serra de Fontefría.
Археологические раскопки

Mamoa

Xacemento arqueolóxico.
Фото

Pista

Pista forestal nos comezos do roteiro.
Дерево

Piñeiral 1

Bosque de piñeiros.
Дерево

Piñeiral 2

Bosque de piñeiros.
Река

Rego de Portapiñeiros

Pequeno rego que nace na serra de Fontefría.

Комментарии

    Вы можете или этот маршрут