-
-
213 m
136 m
0
0,6
1,3
2,52 km

Просмотрено 1159 раз(а), скачено 9 раз(а)

рядом с Carral, Galicia (España)

Esta ruta de carácter histórico-cultural fai referencia ao principal feito histórico acontecido en Carral: o fusilamento do 26 de abril de 1846 dos oficiais que protagonizaron o alzamento en contra do réxime absolutista do Xeneral Narváez.

Este camiño, cunha lonxitude de 2,5 Km. parte desde o centro urbano de Carral, a carón do monumento (cruceiro) inaugurado en 1904 para lembrar a Miguel Solís e os seus oficiais (os chamados Mártires de Carral). Cruza O Campo da Feira e abandona a vila en dirección ó Cemiterio de Paleo (enlace co PR-G 101). Antes de chegar ós sepulcros dos Mártires, o camiñante pasa á beira da Cova da Mina e do conxunto formado polo cruceiro e o peto de ánimas de Paleo. Neste punto podemos observar no desmonte realizado na beirarrua algúns restos cerámicos do poboado romano de Paleo.
No cemiterio atopamos tres sepulturas que acollen os restos dos oficiais axustizados. Retomamos cara a vila polo antigo Camiño de Paleo, circulando á beira de terras agrícolas, para chegar ó final da ruta no lugar onde foron fusilados os Mártires, lugar coñecido como Fraga de Rei, no que xa por desgracia non podemos gozar dos centenarios castiñeiros que foron testemuña daquel acontecemento.

Podemos facer doadamente esta ruta camiñando, en bicicleta de montaña ou en cabalo.

Teléfonos de interese:
- Centro de Saúde Carral: 981 672 186
- Taxis Carral: 981 670 257
- Emerxencias: 112

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Esta ruta de carácter histórico-cultural hace referencia al principal hecho histórico ocurrido en Carral: el fusilamiento del 26 de abril de 1846 de los oficiales que protagonizaron el alzamiento en contra del régimen absolutista del General Narváez.

Este camino, con una longitud de 2,5 Km. parte desde el centro urbano de Carral, al lado del monumento ("cruceiro") inaugurado en 1904 para recordar a Miguel Solís y sus oficiales (los chamados Mártires de Carral). Cruza "O Campo da Feira" y abandona el pueblo en dirección al Cementerio de Paleo (enlace con PR-G 101). Antes de llegar a los sepulcros de los Mártires, el caminante pasa al lado de la "Cova da Mina" y del conjunto formado por el "cruceiro" y el "peto de ánimas" de Paleo. En este punto podemos observar en el desmonte realizado en el arcén algunos restos cerámicos del poblado romano de Paleo.
En el cementerio encontramos tres sepulturas que acogen los restos de los oficiales ajusticiados. Retomamos cara el centro del pueblo por el antiguo Camino de Paleo, circulando al lado de tierras agrícolas, para llegar al final de la ruta en el lugar donde fueron fusilados los Mártires, lugar conocido como Fraga de Rei, en el que ya por desgracia no podemos gozar de los centenarios castaños que fueron testigos de aquel acontecimiento.

Podemos hacer fácilmente esta ruta caminando, en bicicleta de montaña o en caballo.

Teléfonos de interés:
- Centro de Salud Carral: 981 672 186
- Taxis Carral: 981 670 257
- Emergencias: 112

Комментарии

    You can or this trail