-
-
428 м
279 м
0
4,4
8,8
17,59 км
Просмотрено 2152 раз, скачано 16 раз
рядом с Ordes, Galicia (España)
Esta ruta por Ordes precisa unha revisión. Intentando seguir as marcas é doado perderse, porque a pesares de ir atentos son difíciles de ver. Aínda bo foi levar o track de jadelaiglesia que fixo a ruta no 2010 (http://gl.wikiloc.com/wikiloc/view.do?id=1304429), pouco despois de que a marcaran de novo (23-07-2010: “Os Voluntarios remarcan o Roteiro do Río Mercurín” Fonte: web do concello de Ordes) Require un novo remarcado máis visible e noutras cores, pois dudo que na situación actual sexa homologable para levar os distintivos branco e amarelo.
O roteiro en si aínda manten o interés, en tanto non medren a chea de parcelas novas sembradas de eucalipto que levaron por diante outras tantas fragas. Os tramos menos atractivos son os que discorren polas pistas da concentración parcelaria. Sacados algúns tramos moi descoidados, outros que empozarán e outros menos limpos por falta de uso é doado de facer xa que carece de desniveis fortes, deixo a dificultade en moderada pola incomodidade e incertidume que supón non saber se vas ou non polo camiño certo, por isto. deixo o percorrido real realizado, cos erros cometidos intentando seguir o trazado sen empregar o GPS.
Agora ben, hai que ir moi atento para non perderse e sen GPS a aventura está asegurada...
Non se pode percorrer na súa totalidade en bicicleta, pero si con pequenas variacións.
Realizada o 29 de setembro de 2013

Вы можете добавить комментарий или посмотреть этот маршрут
Комментарии