Время  6 часов 29 минут

Координаты 1113

Загружено 29 ноября 2020 г.

Записано ноября 2020

-
-
304 м
16 м
0
3,8
7,5
15,02 км

Просмотрено 231 раз, скачано 20 раз

рядом с Couso, Galicia (España)

O concello de Gondomar atópase asentado na cunca fluvial do Miñor e pola bacía deste río flúen varios regatos que finalmente aportan as súas augas ao río vertebrador do Val Miñor. O río Miñor recolle as augas de varios regachos que baixan da aba oeste do Monte Aloia, coma son o regato Peitieiros, o Touteiras e o Morgadáns. Polo sur conflúe o río Couso e polo norte o río Zamáns que vén desde a parroquia de Vincios. Fórmase así un río Miñor que vai desembocar na parroquia de A Ramallosa, debuxando as lindes entre os concellos de Gondomar e Baiona.

A nosa camiñata trascorre polo río de Couso (ou da Rasa), o regato Peitieiros (ou Matalagartos) e o río Miñor, pasando baixo densos bosques de galería e a carón de numerosos muíños hidráulicos, por contornas naturais agás nun treito duns 900 metros sobre asfalto ao chisco de comezar, no lugar de A Fraga.

A parte do sendeiro que vai polas avesías beiras do río de Couso fora acondicionada pola Comunidade de Montes da parroquia e neste intre atopámonos cunha pasarela de madeira rota e coma alternativa para cruzar hai un par de troncos que fan as funcións dunha pontella.

Посмотреть еще external

Фото

Camiño

Camiño no lugar de Os Muíños Novos.
Храмовая архитектура

Capela San Pelaio

Ermida no lugar de San Pelaio que se atopa dentro dunha propiedade privada.
Маршрутная точка

Comezo Gondomar

Punto de inicio do roteiro, na estrada que vai a Couso.
Фонтан

Fonte 1

Fonte no lugar de As Vacarías.
Фонтан

Fonte 2

Fonte nas beiras do regato Peitieiros ou Matalagartos.
Фонтан

Fonte 3

Fonte nas beiras do río de Couso.
Дерево

Fraga 1

Bosque polas beiras do río Miñor.
Дерево

Fraga 2

Bosque mixto nas beiras do río Miñor.
Дерево

Fraga 3

Bosque mixto nas marxes do río de Couso.
Фото

Lavadoiro

Lavadoiro no lugar de Os Muíños Novos.
Река

Levada 1

Levada no río de Couso.
Река

Levada 2

Levada de auga desde o regato Touteiras.
Руины

Muiño 1

Muíño no río de Couso.
Руины

Muiño 2

Muíño nas beiras do río de Couso.
Руины

Muiño 3

Muíño hidráulico no río Miñor.
Руины

Muiño 4

Muíño hidráulico no río de Couso.
Руины

Muiño 5

Muíño nas beiras do río de Couso ou da Rasa.
Руины

Muiño 6

Muíño hidráulico no río de Couso.
Руины

Muiño 7

Muíño hidráulico no río de Couso.
Руины

Muiños 1

Muíños hidráulicos no río Miñor.
Руины

Muiños 2

Muíños hidráuliucos no regato de Peitieiros.
Памятник

Muiños de Senra

Muíños hidraúlicos no lugar de Os Muíños Novos.
Мост

Pasarela 1

Pasarela de madeira sobre o río Miñor.
Мост

Pasarela 2

Pasarela de madeira sobre o río de Couso.
Мост

Pasarela rota

Pasarela rota sobre o río de Couso. Para atravesar o río úsanse un par de troncos próximos.
Мост

Pontella 1

Pontón sobre o río Miñor.
Мост

Pontella 2

Pontón sobre o río de Couso.
Мост

Pontella 3

Pontón de pedra sobre o río da Rasa ou de Couso.
Фото

Presa 1

Represa de auga para regadío.
Река

Presa 2

Represa no río de Couso.
Река

Regato de Couso

Tamén chamado regato da Rasa. É un afluente do río Miñor.
Река

Regato Peitieiros

Regato Peitieiros ou Matalagartos, afluente do río Miñor.
Река

Regato 1

Pequeno regacho que baixa das abas do Monte Aloia.
Река

Regato 2

Pequeno regacho que baixa das abas do Monte Aloia.
Река

Río de Couso

Tamén chamado regato da Rasa. É un afluente do río Miñor.
Река

Rego Peitieiros

Tamén chamado regato Matalagartos. É un afluente do río de Couso.
Река

Río Miñor

Río que atravesa o concello de Gondomar.
Фото

Sendeiro

Carreiro pola ribeira do río de Couso.
Мост

Troncos de paso

Troncos sobre o río de Couso e que se usan para vadealo.
Панорама

Vistas

Vistas sobre as Illas Cíes e a Serra do Galiñeiro.

Комментарии

    Вы можете или этот маршрут