Время  5 часов 2 минут

Координаты 914

Загружено 29 декабря 2020 г.

Записано декабря 2020

-
-
713 м
466 м
0
2,2
4,3
8,7 км

Просмотрено 191 раз, скачано 25 раз

рядом с Chenlo, Galicia (España)

A Serra do Galiñeiro é unha cadea montañosa ao sur da provincia de Pontevedra que érguese cunha orientación norte-sur de forma rectilínea. Ao norte o terreo é máis abrupto, con abundancia de gneis, e contando cos cumios máis altos (Galiñeiro, 705 metros e Arruído, 702 metros); namentres que ao sur predomina o granito e hai zonas boscosas arredor do Monte Aloia (631 m). Ao pé da súa aba este flúe o río Louro.

O nome do cordal parece que ten a súa orixe na forma de cresta de galo da Pena do Mediodía, que é o punto elevado preto do Pico do Galiñeiro e que visto desde a zona de Vigo semella ser o curuto. Outra interpretación di que o termo de Galiñeiro deriva do celta *kal, no sentido de rocha ou penedo.

O noso roteiro vai pola zona norte do monte, por terras dos concellos de Mos, O Porriño, Vigo e Gondomar, pertencendo a este último as cimas máis elevadas da serra. O punto de inicio é ao carón da ermida da Virxe das Neves, onde está un miradoiro con espléndidas panorámicas sobre o Val da Louriña.

Se facemos o percorrido en sentido antihorario, seguindo por piñeirais chegamos ata a cara norte da Pena do Mediodía (a cresta de galo) e subiremos tendo precaución na parte alta xa que aquí abundan os penedos rochosos sobre os que hai que avanzar con coidado. Desde o pico gozaremos de engaloiantes vistas sobre a Ría de Vigo. O siguiente punto será o Pico Galiñeiro, ao que se sobe fácilmente.

Finalmente pechamos o noso circuito volvendo por un bosque mixto ata acadar de novo a Virxe das Neves, en Herville, na parroquia mosense de San Pedro de Cela.

Посмотреть еще external

Парк

Area lecer

Área recreativa con mesas e fonte de auga potable.
Храмовая архитектура

Capela Virxe das Neves

Ermida en Herville, desde onde comezamos o roteiro.
Дерево

Carballeira

Bosque de carballos por riba do lugar de O Saramagal.
Маршрутная точка

Comezo Galiñeiro

Punto de inicio en Herville, ao carón da ermida da Virxe das Neves.
Пещера

Cova da Becha

Cova natural preto do Pico Galiñeiro.
Фонтан

Fonte

Fonte de auga potable.
Вершина

Pico Galiñeiro

Punto máis alto da Serra do Galiñeiro, 705 metros.
Река

Manancial

Nacedoiro de auga.
Панорама

Miradoiro

Miradoiro da Virxe das Neves, en Herville, concello de Mos.
Вершина

Pena do Mediodia

Cumio en forma de cresta de galo preto do Pico do Galiñeiro.
Дерево

Piñeiral 1

Bosque de piñeiros preto da Virxe das Neves.
Дерево

Piñeiral 2

Bosque de piñeiros entre a Virxe das Neves e a Pena do Mediodía.
Панорама

Vistas

Vistas sobre a Ría de Vigo.

Комментарии

    Вы можете или этот маршрут