Координаты 480

Загружено 8 октября 2020 г.

Записано октября 2020

-
-
117 м
90 м
0
1,7
3,5
6,95 км

Просмотрено 160 раз, скачано 13 раз

рядом с Razamonde, Galicia (España)

Santa Eulalia de Laias é unha parroquia do concello de Cenlle, na comarca do Ribeiro, que é sobradamente coñecida polas súas augas termais. Na contorna do complexo termal, as beiras do río Miño, e desde a área de lecer, parte un antigo sendeiro baixo un bosque de caducifolias que leva ata a fregresía veciña de A Barca de Barbantes.

Fai cuestión de poucos meses, o camiño que iba augas embaixo desde o balneario, alongouse ata chegar a Xubín, ata altura da estrada N-120. Temos así un percorrido lineal pola beira do Miño dun total de 7 quilómetros, desde Xubín ata A Barca.

O mellor é facer o percorrido a contracorrente, comezando, xa que logo, en Xubín para deseguido chegar a bonita zona de lecer da área termal, onde podemos facer un bo descansiño e contemplar a igrexa románica de Santa Baia (séc. XI) e finalmente facer o treito ata o núcleo de A Barca, tamén na N-120.

O percorrido é moi doado e vai na maior parte a sombra da arboreda de ribeira, con moitos salgueiros e ameneiros, pero tamén con bosques de carballos e sobreiras e sempre acompañando a un río Miño caudaloso e de ancha canle por mor do seu cercano encoramento en Castrelo de Miño.

Посмотреть еще external

Фото

A Barca de Barbantes

Parroquia do concello de Cenlle.
Пикник

Area lecer

Área recreativa ao carón do río Miño, con zona termal.
Пикник

Area lecer balneario

Área recreativa ao carón do complexo termal de Laias.
Памятник

Balneario Laias

Centro termal de Laias.
Дерево

Bosque

Carballeira preto do balneario de Laias.
Дерево

Camiño

Camiño desde o balneario de Laias ata o núcleo de A Barca.
Маршрутная точка

Comezo Laias

Punto de inicio da ruta, en Xubín.
Маршрутная точка

Fin Laias

Punto final do sendeiro, na Barca de Barbantes.
Храмовая архитектура

Igrexa Sta Baia

Antiga igrexa parroquial de Laias. É románica, do século XI.
Маршрутная точка

Pasarela 1

Pasarela de madeira.
Маршрутная точка

Pasarela 2

Pasarela de madeira.
Маршрутная точка

Pasarela 3

Pasarela de madeira.
Фото

Paseo

Paseo termal, desde o balneario ata o núcleo de A Barca.
Река

Rio Miño

O máis importante río galego. Nace no concello de Meira (Lugo) e logo de 315 desemboca no Atlántico, no concello pontevedrés de A Garda.
Фото

Senda

Sendeiro entre Xubín e o balneario de Laias.
Дерево

Sobreiral 1

Bosque de sobreiras.
Дерево

Sobreiral 2

Bosque de sobreiras.
Фото

Viñedos

Plantación de viña as beiras do río Miño.
Фото

Xubin

Lugar do concello de Cenlle.

Комментарии

    Вы можете или этот маршрут