Координаты 1057

Загружено 3 ноября 2020 г.

Записано октября 2020

-
-
98 м
14 м
0
3,4
6,8
13,66 км

Просмотрено 163 раз, скачано 12 раз

рядом с Calvário, Viana do Castelo (Portugal)

A bacía fluvial de Salceda está regada polo río Caselas e por varios dos seus tributarios, sendo un deles o Landres. Polas beiras destes dous ríos están espallados unha manchea de muíños destinados a moenda de gran e dos que nós imos coñecer unha ducia.

O Caselas ten o seu nacedoiro na parte norte do concello, nas lindes con Ponteareas e O Porriño, recollendo as augas das abas dos montes Curucho, San Cibrán e Chan de Melo. Pasa polo lado este do centro do concello e logo fai estrema con Salvaterra de Miño para finalmente, logo duns 12 Km de recorrido total, entregar as súas augas ao Miño, en Caldelas de Tui. Conta cun bo bosque de galería con predominio de salgueiros, ameneiros, bidueiros, abeleiras, freixos, sabugueiros e carballos.

O río Landres, cuns 2,5 Km de canle, nútrese das augas que baixan dos Montes da Brava e do Alto da Forca e máis as que aporta o seu tributario, o rego de Piñeiro, desembocando no Caselas ao sur do casco urbano. No seu bosque de ribeira medran salgueiros,ameneiros e carballos.

O noso roteiro vai desde o balneario de augas termais de Caldelas de Tui -concello de Tui- ata a parroquia salcedense de A Picoña, a contracorrente dos ríos Caselas e Landres e pasando polos inxenios hidráulicos das súas marxes construídos maioritariamente no século XVIII.

Посмотреть еще external

Фото

Adega Sobral

Adega na parroquia de Arentei, Salvaterra de Miño.
Парк

Area lecer Caldelas

Área recreativa ao carón do balneario e praia fluvial de Caldelas de Tui.
Парк

Area lecer de Covas

Área de lecer as beiras do río Caselas.
Парк

Area lecer de Rubal

Área recreativa na marxe esquerda do río Caselas.
Дерево

Bosque

Fraga con predominio de carballos.
Фото

Camiño

Camiño preto de o lugar de O Castelo.
Маршрутная точка

Comezo Caldelas

Punto de inicio ao carón do balneario termal de Caldelas de Tui.
Маршрутная точка

Fin Salceda

Punto final do roteiro na parroquia de A Picoña, Salceda de Caselas.
Фонтан

Fonte das Laxes

Mina de auga na contorna do muíño das Laxes.
Дерево

Fraga

Bosque mixto na contorna de Salceda de Caselas.
Фото

Lavadoiro do Seixo

Lavadoiro feito no ano 1957 para o servicio das familias de A Esfarrapada e dos barrios da Pedra e da Serra. Construído con perpiaño gris Salceda. Está nas beiras do río Landres.
Река

Levada

Canle de auga construída en pedra.
Пикник

Mesas

Mesas ao carón do río Miño, en Caldelas de Tui.
Памятник

Muiño da Laxe ou dos Cregos

É un muíño de herdeiros, de cubo inclinado e unha moa. Está situado na parroquia de A Picoña. Foi erguido antes de 1752.
Памятник

Muiño da Pereira

Muíño no río Landres. É de cubo vertical e foi restaurado en 1959. É de herdeiros.
Памятник

Muiño da Salgada

Muíño hidráulico no río Caselas.
Памятник

Muiño das Laxes

Muíño de canle, de herdeiros e de unha moa. Feito antes de 1752.
Памятник

Muiño de Covas

Muíño situado na parroquia de Santa María de Salceda. De herdeiros, unha canle e dúas moas. Feito antes de 1752. Nel tiñan dereito a moer os Señores do Pazo de Pegullal.
Памятник

Muiño de Figueiras

Muíño nas beiras do río Caselas.
Памятник

Muiño de Marcial ou dos Fondóns

Está situado na parroquia de San Xurxo. É dun propietario e ten unha soa moa. Nos anos 80 estivo adicado a moenda á maquía.
Руины

Muiño do Buraco

Muíño de herdeiros, de canle e unha moa. Atópase en estado ruinoso.
Памятник

Muiño do Ghurito

Muíño de canle, de herdeiros e dunha moa. Construído antes de 1752.
Памятник

Muiño do Medio

Muíño restaurado nos anos 50/60. De canle, de herdeiros e unha moa.
Памятник

Muiño do Picado

Muíño de canle, de herdeiros e con tres moas. Anterior a 1752.
Памятник

Muiño do Seixo

Muíño nas beiras do río Landres.
Замок

Pazo de Pegullal

Pazo do século XVIII situado en Salceda de Caselas.
Река

Peirao da Lagoela

Pequena represa no río Landres.
Фото

Pombal

Pombal na senda do río Caselas.
Мост

Ponte de Agüin

Ponte sobre o río Caselas. Fai de linde entre Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño.
Мост

Pontella

Pontón de pedra.
Река

Rio Landres

Afluente do río Caselas pola beira dereita.
Река

Rio Miño

O principal río galego, con 315 Km de lonxitude.
Пункты питания

Salceda de Caselas

Concello do sur da provincia de Pontevedra, na comarca de Vigo.
Фото

Senda rio Caselas

Senda polas beiras do río Caselas.
Фото

Senda rio Landres

Senda polas beiras do río Landres.
Фото

Sendeiro rio Caselas

Senda pola beira do río Caselas.
Фото

Viñedos

Plantación de viño na parroquia de Arentei, Salvaterra de Miño.

Комментарии

    Вы можете или этот маршрут