-
-
427 m
42 m
0
2,9
5,9
11,8 km

Просмотрено 4 раз(а), скачено 0 раз(а)

рядом с Queijeiro, Galicia (España)

Ruta saíndo do Camping Fragadeume (O Redondo, Queixeiro, Monfero) de recorrido circular.

O primeiro kilómetro do traxecto (marcado con liñas blancas e roxas), é complicado xa que ao rematar as pistas asfaltadas, temos unha baixada onde o chan é de rocha e ten verdín, polo que é moi moi resbaladizo. Hai partes desta baixada na que hai cordas nos laterais, que colocaron para non caerse. Hai que baixar con moito coidado.
Despois, atoparemos unha baixada pronunciada en zig-zag duns dous kilómetros (ao final da etapa haberá que subila jeje). Cando rematemos a baixada, non seguiremos a ruta sinalizada con blanco e vermello, se non que iremos ata a minicentral, onde enlazaremos coa Senda dos Ventureiros (marcada con postes cun cartel verde) que proseguirá rodeando a minicentral, por unha costa empedrada. Será un camiño por pistas forestales non demasiado bonito (prácticamente veremos eucalipto). Atravesa unha central eléctrica e remata no Monasterio de Caaveiro, que ten un bar fabuloso cunha tortilla cojonuda jeje.
A seguinte parte do camiño realízase a pé do cauce do río, onde sí se aprecia toda a fraga. A camiñata é sinxela, pero lenta xa que non paramos de sacar fotos.
Despois duns catro kilómetros, chegamos á entrada do camiño que baixamos en zig-zag, que deberemos subir para retornar ao camping. Esta é a parte máis complexa da camiñata.

Комментарии

    You can or this trail