-
-
66 м
8 м
0
4,6
9,2
18,45 км
Просмотрено 78 раз, скачано 4 раз
рядом с Cruzeiro, Viana do Castelo (Portugal)
O río Lima -Limia en galego- nace nas terras ourensás de Sarreaus e logo de 41 Km de percorrido por España flúe por territorio portugués, pasando polos concellos de Ponte da Barca, Ponte de Lima e finalmente verte as súas augas en Viana do Castelo.
Foi confundido co mítico Lete -o río do esquecemento- que dicía a lenda que todo aquel que o cruzaba perdía a memoria e é un río troiteiro aínda hoxe con aproveitamento piscícola. Para este uso na súa canle foron construídas as presas feitas en pedra e que abocan nuns estreitamentos nos que se colocan as redes de captura das troitas. Estas represas en portugués reciben o nome de açudes.
O tributario máis importante do Lima é o Vez que ten o seu nacedoiro nas abas da Serra do Soajo e logo duns 36 Km entrega as augas ao Lima pola súa marxe dereita moi preto de Ponte da Barca.
Saíndo desde Ponte da Barca o noso roteiro transcorre primeiramente polas beiras do río Vez, pisando a etapa I da ecovía de Arcos de Valdevez, para logo conectar cos treitos II e I da Ecovía das Laranjas que nos levarán ata a fermosa Ponte Velha, no mesmo centro de Ponte de Lima.
O percorrido vai por terreo chairo seguindo aos ríos no seu descenso, coa compañía da acostumada arboreda de ribeira, con puntos de observación de aves, pesqueiras e tres áreas de lecer onde facer un descansiño. Iremos sempre pola marxe dereita dos ríos, mentras que pola outra banda do Lima está a Ecovía dos Açudes. Se facedes o roteiro en bicicleta podedes unir o percorrido proposto coa Ecovía dos Açudes (serían algo máis de 30 quilómetros en total), completando así un traxecto circular.

Вы можете добавить комментарий или посмотреть этот маршрут
Комментарии