Время  3 часов 43 минут

Координаты 2017

Uploaded 12 ноября 2014 г.

Recorded ноября 2014

  • Rating

     
  • Information

     
  • Easy to follow

     
  • Scenery

     
-
-
500 m
230 m
0
3,2
6,3
12,69 km

Просмотрено 2822 раз(а), скачено 119 раз(а)

рядом с Chandebrito, Galicia (España)

Unha ruta fermosa polas vistas que podemos contemplar tanto dende o Cepudo ou o Alba, como dende o castro de Chandebrito ou o Outeiro Grande.

Saímos do merendeiro do monte Cepudo pola GR53.1, variante da GR53 coa que conflúe ao pouco. Continuamos por esta, deixándoa de vez en cando para evitarmos o asfalto sempre que podemos. Saímos de novo a ela á altura do muíño de Chans, que ten unha levada moi bonita, e ascendemos o castro de Chandebrito.

Deixamos o castro e atravesamos Chandebrito saíndo polo barrio das Tomadas en dirección ao colexio Estudio. Pouco despois do colexio chegamos a un cruzamento e, continuando de fronte, no segundo desvío á esquerda deixamos a GR53 e aproveitamos durante un anaco o antigo PR-G 60 (circular de Priegue) para desviarnos ao pouco á dereita e afrontar a única subida forte da ruta (forte pero moi curta). Hai que estar algo atentos para non pasar de longo este desvío que nos leva ao Outeiro Grande: a vexetación cubriu xa case totalmente o que era un amplo cortalumes e no cumio, en tempos limpo e despexado, para acceder a caseta percíbese ben un camiño á esquerda, pero para dar co vértice xeodésico hai que atravesar a vexetación onde se percibe un penedo (á dereita), mesmo pelexando con algunhas silvas.

Dende a caseta temos un panorama impresionante sobre o Val Miñor, dende o Galiñeiro até o cabo Silleiro. Dende o vértice xeodésico é fabulosa a vista sobre Vigo, a ría, as Cíes e Ons, e cara ao interior o Galleiro e até o Faro de Avión.

A partir de aquí temos un anaco no que recomendamos mapa ou gps para non trabucármonos nalgún dos moitos cruzamentos até dar coa baixada cara ao rego no que atopamos o panel informativo da fraga de Rodas (que ben merece unha visita). A partir de aquí, ascensión suave ata a ermida do monte Alba.

A partir do quilómetro nove a ruta pode facerse coincidir co PR-G 9 (Alba-Outeiros), dende o momento en que pisamos asfalto. Mais nalgúns tramos podemos cruzar por camiños para evitalo. De todos os xeitos, un quilómetro máis de asfalto semella ineludíbel se queremos acadar o cumio do monte Alba sen pasar de novo polo Cepudo.

As vistas dende o monte Alba son as máis completas sobre a cidade de Vigo e sobre a ría. Albíscanse tamén as praias de Nigrán e a serra da Groba, por unha banda, e mesmo Ons e a Barbanza.
Пересечение

Cruzamento GR53-GR53.1

Cruzamento GR53-GR53.1
Пересечение

Cruzamento ante o castro de Chandebrito

Cruzamento ante o castro de Chandebrito. Muíño das Chans
Waypoint

Castro de Chandebrito

Castro de Chandebrito
Waypoint

Lugar das Tomadas

Lugar das Tomadas (Chandebrito)
панорама

Caseta de vixilancia

Caseta de vixilancia
панорама

Outeiro Grande. Vértice xeodésico

Outeiro Grande. Vértice xeodésico
Пересечение

Acceso á fraga de Rodas

Acceso á fraga de Rodas
панорама

Ermida do monte Alba

Ermida no cumio do monte Alba (Nosa Señora do Alba)
панорама

Monte Cepudo

Monte Cepudo

4 комментарийиев

  • Фото ciriIII

    ciriIII 22.01.2015

    .

  • Фото sensacions

    sensacions 28.02.2018

    vengo deprimido despues de hacer la ruta , me encontre un paisaje tenebroso, todo quemado en toda la ruta no encontre ninguna zona verde, el fuego lo arraso todo una verdadera pena , en cuanto no vuelva a brotar otra vez la naturaleza lo cual por desgracia pasara mucho tiempo ,aconsejo buscarse otra opciones mas verdes.

  • Фото sensacions

    sensacions 28.02.2018

    I have followed this trail  проверенный  View more

    vengo deprimido despues de hacer la ruta , me encontre un paisaje tenebroso, todo quemado en toda la ruta no encontre ninguna zona verde, el fuego lo arraso todo una verdadera pena , en cuanto no vuelva a brotar otra vez la naturaleza lo cual por desgracia pasara mucho tiempo ,aconsejo buscarse otra opciones mas verdes.

  • Фото Xoanzinho

    Xoanzinho 28.02.2018

    A verdade, aldeagalega, é que lle cae a alma aos pés a calquera á vista de como quedou todo, pero non creo que estea de máis coñecer de primeira man os efectos destas catástrofes. Pouco despois dos incendios fixen a ruta do Galiñeiro coa mesma sensación que ti describes. E no caso desta ruta, como moito máis na do Galiñeiro, as panorámicas dende os cumios para min xa fan que pague a pena asomarse.
    Grazas por comentar e valorar a ruta.

You can or this trail