-
-
482 m
136 m
0
5,0
10,0
19,98 km

Просмотрено 2890 раз(а), скачено 24 раз(а)

рядом с Liñayo, Galicia (España)

Datos de interese: Posúe nove núcleos de poboación: Bellalta, Curuxido, Liñaio, Maio Grande, Maio Pequeno, Pontevedra, Reibó, Trece e Vilar. Ten montes coma o Bellalta e o Millar de 400 m . de altitude. E o río Tambre e dous dos seus afluentes: o río Pequeno e o Corzán atravesan a parroquia. Dous significativos templos sonche dignos de visitar nesta terra; un o da aldea de Pontevedra coñecido coma a capela de O Bon Suceso (na parte de atras teñen una pequena fonte con unha auga boisima) e o outro é a igrexa parroquial, que garda no seu interior unha cruz de prata do orfebre compostelán Sebastián Filipe fechada entre os anos 1581 y 1584. A parroquia tamén posúe restos prehistóricos coma unha mámoa de tres grandes pedras. E a antiga ponte chamado de Ons, intimamente relacionada coa lenda xacobea, conservouse sobre o río Tambre ata o século XVII no que foi substituído por un novo mais seguro.
Ainda así o que maís paga a pena son os compoñentes da Asoc. de Veciños Tele-club de Liñaio, xente con moita calidade humana, gracias a eles non nos encontramos fora de sitio en ningún momento, aparte de comer a fartar. Moitas gracias por un día fenomenal, e una ruta preciosa. (arriba no título poño Liñaio e entre parentesis Negreira, pero realmente segúndo Santi a "capital" de Negreira está en Maio Grande que pertence a Liñaio :-) )

Комментарии

    You can or this trail