-
-
597 m
425 m
0
2,3
4,6
9,13 km

Просмотрено 1264 раз(а), скачено 1 раз(а)

рядом с Corvillón, Galicia (España)

Para este roteiro se presentan duas posibilidades: Roteiro 3 de 9 Km e Roteiro 4 de 13.5 Km. Partimos do Bar Parroira polo camiño que nos leva o Seixedo. Ao chegar a estrada collemos a esquerda e nun lixeiro descenso chegamos a encrucillada do carballo do Ferreiro. Aqui nos desviamos a dereita polo camiño real dirección Magarelos. Despois dun curto paseo entre carballeiras e soutos, bordeamos un espectacular souto e chegamos a unha nova encrucillada. A dereita nos leva a Magarelos, pero nos colleremosa esquerda, para aos poucos metros desviarnos a dereita, seguindo o camiño que nos levará despois de pasar por unha zona de camiño fondo, a outra encrucillada. A dereita nos leva A Portela, pero aqui tamen collemos a esquerda camiño do briñal. Aos poucos metros nos desviamos de novo a esquerda por un camiño que percorre a media ladeira e paralelo ao rio. No primeiro cruce seguimos de frente e entramos nunha fermosa paraxe que nos levará a beira do río Arnoia, á presa do Cholas. Seguindo a esquerda e despois dunha pequena subida chegamos ao pobo da Ponte Ermida. Despois de visitar esta aldea abandonada e ver as súas magnificas vistas, collemos a pista que en subida bordea o monte do castro, para logo coller o camiño que sae a dereita. O camiño do Portugués que nos levará ao fondo de Covas do Río. O entrar no pobo collemos a dereita baixando pola pista de terra, para uns poucos metros mais abaixo subir por un camiño que sae a nosa esquerda, que nos levará aos penedos das "Moas". Subindo un pouco máis chegamos a un cruce. A nosa esquerda seguiremos ata a estrada para logo torcer a esquerda e atravesar o pobo de Salpurido (roteiro 3). Os poucos metros collemos outro camiño a nosa dereita que nos levará por unha fermosa canella ata estrada no lugar chamado "O Couto". Xiramos a esquerda e logo collemos collemos o camiño que sae a nosa esquerda. Seguimos este camiño sen desviarmos ata pasar ao carón das granxas, onde seguiremos a esquerda para continuar sen desviarnos ata Fontao. Pasamos pola fonte do pobo para logo subir ata o novo local social. Dende aquí seguimos a dereita e percorremos o pobo de Fontao ata chegar a estrada que nos leva ata o Bar Parroira.

Комментарии

    You can or this trail